Nace o novo CARNÉ CELTISTA

Ata agora, a única maneira de formar parte da familia celeste era a través do carné de abonado, que levaba asociada unha butaca en Abanca Balaídos. Esta opción non permitía que todos os seguidores, que viven tamén con paixón o celtismo pero que non poden acudir regularmente ao estadio, tivesen o seu carné de socio. Falamos deses celtistas que viven lonxe de Vigo ou aqueles que por calquera outro motivo non poden gozar de boa parte dos partidos.
O Carné Celtista é unha porta de entrada para todos aqueles que aman estas cores e desexan formar parte da familia celeste. Agora poderán gozar de todas as vantaxes a excepción da butaca asignada en Abanca Balaídos por un prezo moi accesible, co obxectivo de crear un RC Celta global e para todos, levando a Afouteza ata calquera lugar do mundo.

Tedes toda info neste enlace

Comments are closed.
siareiros.net