Somos unha peña celtista que naceu por mor de internet no ano 1996 que foi cando chegou a conexión a internet dende as casas, e a aparición do celtismo na rede, con mailing-lists, foros, etc

No ano 2004 decidimos constituírnos oficialmente, como peña, nos demos de alta como asociación sen ánimo de lucro de ámbito autonómico, no Rexistro de Asociacións da Xunta en xullo de 2004. e inscribímonos na Federación de peñas Celtistas

A nosa peña, na tempada 2026/2027, está formada por máis de 670 abonados/as do Celta, repartidos por todas as bancadas, xunto con máis de 350 carnés celtistas e tamén máis de 15 abonados/as miudiños.
Para contactar coa nosa peña: info@siareiros.net
