O trofeo “Manuel de Castro” naceu no ano 2011, buscando un premio que inspirado no “balón de ouro” rendese homenaxe ao mellor xogador do Celta do ano natural.
Esta idea naceu na contorna do podcast “el fútbol es celeste”, a web “moiceleste.com” e a nosa peña celtista “siareiros.net” con vocación de chegar, algún día, a ser algo oficial. Feito que se conseguiu na edición de 2022, coa entrega en xaneiro de 2023, coincidindo co ano do centenario, que pasou a organizalo directamente o Celta.
Explicándolo para #CeltaMedia
💙🙌 ¡Así se originó el Premio! 🏆#InsideRCCelta #CeltaAtleti pic.twitter.com/AXBQyJZiwa
— RC Celta (@RCCelta) February 14, 2023
A VOTACIÓN
Escóllense, como candidatos ao premio, os xogadores do Celta que disputasen, polo menos, un terzo dos minutos totais, durante o ano en cuestión. Este dato, ata o de agora, calculábanolo, Alberto Fernández de @celtahistoria , seguramente a persoa con máis datos estatísticos do Celta.
Para o detalle da votación, pedíamos que se votasen 3 xogadores aos que se lles asignaba: 5, 3, e 1 punto.
O TROFEO
O trofeo foi deseñado por Simón Agulla (irmán dun dos organizadores), e o patrocinou a peña “siareiros.net” nas primeiras 11 edicións (2011-2021). O trofeo o elaborou desde o principio a empresa “Riebog”.
A ENTREGA
Se fixo sempre en Balaídos, sobre o césped, antes do comezo dun partido, a principios de ano. Contamos sempre para o acto da entrega con descendentes de Manuel de Castro.
Nas primeiras edicións encargábase o fillo de Manuel de Castro, Manuel de Castro, case sempre acompañado pola súa irmá Cristina de Castro.
Dende a edición de 2019, co falecemento de ambos, tomou o relevo, Juan de Castro, fillo de Manuel de Castro, e neto de “Hándicap”.
OS GAÑADORES
2011 – Alex López (ver entrega)
2012 – Iago Aspas (ver entrega)
2013 – Augusto Fernández (ver entrega)
2014 – Nolito (ver entrega)
2015 – Fabián Orellana (ver entrega)
2016 – Iago Aspas (ver entrega)
2017 – Iago Aspas (ver entrega)
2018 – Iago Aspas (ver entrega)
2019 – Iago Aspas (ver entrega)
2020 – Iago Aspas (aprazouse a entrega, ata a seguinte edición, pola pandemia)
2021 – Iago Aspas (ver entrega)
2022 – Iago Aspas (ver entrega)
2023 – Gabri Veiga
O PALMARÉS