Por mor de que había bastantes, dos nosos peñistas, que non tiñan accións do Celta e querían asistir ás xuntas de accionistas ou beneficiarse do desconto no abono, ocorréusenos buscar a maneira de que alguén puidese vendernos accións do club.
Conseguimos contactar co avogado do ex xogador Fernando Sales e metémosnos no balbordo de negociar un prezo para comprar unas cantas accións. Cando foi todo o tema da consursal, Fernando Salgues decidiu cobrar o diñeiro que lle debía o Celta, en accións, valoradas nese momento en 60 euros cada unha, pero no momento no que contactamos con él, o suposto valor das accións era de 10 euros cada unha. Houbo que negociar bastante porque nós non queriamos pagalas a 60 euros e él non as quería vender a 10 euros. Finalmente chegamos ao acordo de que nolas vendese a 30 euros, cada unha, pero só se lle comprabamos 500 accións.
Para poder chegar a esa cantidade, publicitámolo por internet, falamos con moitas peñas, fixéronse eco os medios locais, e a cousa foise tanto de nai, que en apenas unha semana xa tiñamos peticións para máis de 1000 accións e a cifra subía todos os días. Cando chegamos a ter peticións para comprar 1500 accións e vimos que estabamos metidos nunha operación de 45.000 euros, consideramos que o máis sensato era botarnos ao carón e que a operación a fixese directamente Fernando Sales coa afección interesada, sen que estivésemos nós polo medio. Todo foi un rotundo éxito. Finalmente o xogador vendeu unhas 3000 accións do Celta, entre as 2 quendas de venda que organizou, e grazas a nos, recuperou a metade dun diñeiro, que xa daba por perdido.
Nós quedamos coa satisfacción de devolver unha parte do Celta á afección e recibimos moitas felicitacións e agradecementos de toda a xente que se fixo accionista con esta xestión. Tamén quedamos un pouco vinculados a isto, xa que desde entón, todas as tempadas contáctannos afeccionados para preguntarnos se lles podemos conseguir accións do Celta.