MERCAR ACCIÓNS DO CELTA

A famosa venda das accións de Fernando Sales.

Por mor de que había bastantes peñistas que non tiñan accións do Celta e querían asistir ás xuntas de accionistas ou beneficiarse do desconto no abono, ocorréusenos buscar a maneira de que alguén puidese vendernos accións do club.

Conseguimos contactar co avogado do ex xogador Fernando Sales e metémosnos no balbordo de negociar un prezo para comprar unas cantas accións. Finalmente chegamos ao acordo de que nolas vendese a 30 euros cada unha pero só se lle comprabamos 500 accións.

Para poder chegar a esa cantidade, publicitámolo por internet, fixéronse eco os medios locais, e a cousa foise tanto de nai, que en apenas unha semana xa tiñamos peticións para máis de 1000 accións e a cifra subía todos os días. Vímonos tan excedidos co tema e coa cantidade económica que alcanzou a operación, que decidimos botarnos ao carón e deixar que o ex xogador vendese directamente as súas accións aos afeccionados, sen estar nos no medio, o cal foi un rotundo éxito xa que finalmente vendeu unhas 3000 acción do Celta entre as 2 quendas de venda que organizou.

Nós quedamos un pouco vinculados a isto, xa que desde entón, todas as tempadas contáctannos afeccionados para preguntarnos se lles podemos conseguir accións do Celta.

Comments are closed.
siareiros.net