Estatutos
peña celtista "siareiros.net" - os siareiros celestes na rede


A nosa peña, "siareiros.net" é a primeira peña do Real Club Celta de Vigo en internet, está inscrita no rexistro de asociacións da Xunta de Galicia co n.7451 e como peña celtista oficial é membro da Federación de Peñas do Real Club Celta de Vigo.

Inda que os estatutos completos están a disposición dos membros da nosa peña, para comprender un pouco o sentido que lle queremos dar a nosa asociación compre sinalar especialmente o contido destes dous artigos :


Artigo 2°.- Son fins principais da Asociación:

- Fomentar e coordinar o contacto e a amizade entre simpatizantes e seguidores
do Real Club Celta de Vigo S.A.D. principalmente a través de internet sen descartar outro tipo de medio.

- Achegar a información do Real Club Celta de Vigo S.A.D a todos os asociados, aficionados e siareiros,
empregando todo tipo de medios, papel, internet, medios audiovisuais, ou calquera outro medio que poida servir a tal fin.

- Tratar de manter un contacto diario entre os asociados e simpatizantes da devandita asociación
principalmente por medio de internet.

- Fomentar o uso de internet entre os asociados e a afeción do Real Club Celta de Vigo S.A.D. en xeral,
ademais de velar pola boa imaxe e o perfecto desenrolo do Real Club Celta de Vigo S.A.D en internet.

- Fomentar as boas relacións, o posible contacto, a non violencia e o xogo limpo entre as aficions
doutros equipos de futbol de todo o mundo.



Artigo 3°.- Para levar a cabo os seus fins,
poderá a Asociación organiza-­las seguintes actividades:


- Conquerir que cada asociado teña unha conta de correo o en su defecto un redireccionamento
de correo co dominio da peña.

- Organizar reunions, comidas ou ceas para poder intercambiar todo tipo de opinions
preferiblemente relacionadas co Real Club Celta de Vigo S.A.D.

- Organizar viaxes o excursions para poder asistir ós partidos ou entrenos do Real Club Celta,
tanto en Vigo coma no exterior.

- Organizar complementariamente actividades e viaxes culturais de calquera tipo.

- Organizar conferencias e coloquios ben de carácter deportivo ou instructivo,
dadas por persoas de relevancia.

- Organizar actividades deportivas de calquer tipo.

- Organizar cursos ou formación principalmente relacionados co fútbol ou a informática.

- Calquera outra actividade relacionada coa denominación da sociedade que sexa aprobada pola xunta directiva.

[...]