Celta + Vigo = Balaídos ata 2034

Campo novo... Xa! Engadir comentarios

Publicado no Faro de Vigo: O Concello de Vigo está disposto a permitir, aínda con condicions, que o Celta amplíe a súa actual concesión en Balaídos durante vinte anos -o actual contrato finaliza en 2014- para que afronte con maior garantía o plan de viabilidade. A renovación serviríalle como un activo á hora de avalar a refinanciación da súa débeda. Trala reunión mantida fai uns días entre Abel Caballero, alcalde da cidade, e Carlos Mouriño, presidente céltico, na que a entidade expúxolle ó rexidor os seus plans económicos de futuro, o concello “recolleu a luva”, pero con condicions. O Concello encargará antes un informe xurídico para decidir sobre as condicións do novo contrato. O obxectivo é actuar con cautela para que o patrimonio de Balaídos non corra perigo. A pretensión do goberno local pasa por vincular a ampliación do contrato a que o consello de administración garantice a identidade viguesa do club e manteña o nome do equipo e do campo. “Non lles vamos a regalar un estadio novo -en alusión á posible reforma-, para que ó mellor no futuro veña outro propietario que se faga dono do club e da concesión e poña en perigo a súas señas viguesas“, indicaron coñecedores da operación. Podedes ler a noticia completa na web do Faro de Vigo

Escribe o teu comentario

Debes loguearte para escribir o teu comentario.

WP Theme & Icons by N.Design Studio
Tema adaptado e traducido polo colectivo de celtistas: "Campo Novo..Xa!"
Vigo, Xaneiro 2008
Entradas RSS Comentarios RSS Login