O exemplo de “Son Moix”

Campo novo... Xa! Sen Comentarios »

son_moix.jpg

No contexto de que a cidade de Vigo xa é candidata para organizar a Universiada 2013,  publica ”La Voz de Galicia” na súa web un artigo no que fala de cando Mallorca organizou a Universiada no ano 1999: […] A obra principal executada ó amparo da Universiada de Mallorca 1999 foi a construción do Estadio de Son Moix. As obras comenzaron en decembro de 1996; deseñado para as competicións de atletismo, foi sede das ceremonias de inaguración e clausura. Finalizados os xogos, o Real Mallorca tomou posesión do seu novo fogar. Ten un aforo de 27.000 persoas e unhas completas instalacións para atletismo.[…]

A nosa preocupación e que consideramos que a cidade de Vigo e o Celta precisan un novo campo de fútbol pensado e deseñado para este deporte coas bancadas moi próximas ó campo, donde o xogador rival note no cogote o alento da bancada. Son Moix aseméllase máis a un estadio olímpico que ó campo de fútbol que gostaríamos ter.

Nos prolegómenos do Celta-Elche

Campo novo... Xa! 1 Comentario »

No último partido do Celta en Balaídos aproveitamos para seguir dando a coñecer a nosa iniciativa nas inmediación do estadio, como xa fixéramos nos últimos partidos. Esta vez concentrouse nas proximidades da porta de presidencia para continuar a nosa reivindicación por un campo digno para o celtismo. Durante a mesma escoitáronse diversos cánticos de protesta pola situación do estadio e fóronse unindo máis celtistas. Velaiquí tedes algunhas das instantáneas da protesta.

 anuncio.JPG

p1130725.JPG

p1130741.JPG

p1130742.JPG

WP Theme & Icons by N.Design Studio
Tema adaptado e traducido polo colectivo de celtistas: "Campo Novo..Xa!"
Vigo, Xaneiro 2008
Entradas RSS Comentarios RSS Login