Publicado no Faro de Vigo: O Concello de Vigo está disposto a permitir, aínda con condicions, que o Celta amplíe a súa actual concesión en Balaídos durante vinte anos -o actual contrato finaliza en 2014- para que afronte con maior garantía o plan de viabilidade. A renovación serviríalle como un activo á hora de avalar a refinanciación da súa débeda. Trala reunión mantida fai uns días entre Abel Caballero, alcalde da cidade, e Carlos Mouriño, presidente céltico, na que a entidade expúxolle ó rexidor os seus plans económicos de futuro, o concello “recolleu a luva”, pero con condicions.
Estamos a tratar de recoller todas as fotos do estadio de Balaídos que poidamos, para que todo o que estamos a falar o poidas ver no teu monitor.
Podes ver a nosa galería de imaxes en http://fotos.camponovoxa.com
Aparte de colaborar con nós mandando un correo coa tua adhesión, agora tamén podes mandar algunha foto que fagas no estadio e que podamos incluir na nosa galería de imaxes.
Hoxe nas páxinas do diaro “La Voz de Galicia” podemos ler un artigo sobre a “Universiada 2013” no que fan unha total vinculación entre este evento e o noso tema do “Campo Novo… Xa!”. Os parágrafos concretos son os seguintes:
[…] “Vigo xógase nun exame de dous días a candidatura á Universiada. A cidade aposta por reformar Balaídos e As Travesas, construir un gran pavillón e usar a piscina de Pontevedra […]”.
[…] “O programa inclúe, ademáis das recepcions oficiais, visitas a distintas instalacions e dotacións que serían escenario da competición. Entre elas figura o Campus Universitario, onde proponse a construción dunha vila olímpica para 11.000 deportistas, una das grandes bazas da candidatura viguesa. Ademáis, os examinadores pasarán polo Ifevi, o Real Club Náutico e o pavillón das Travesas, que terá que sufrir unha profunda reforma, ó igual que o estadio e as pistas de atletismo de Balaídos. […]”
¿Traer a “Universiada 2013″ para Vigo garantiza que imos ter o novo campo de fútbol para o Celta, que levamos tantos anos agardando, para o 2013? ¿Que pasará si non sae a candidatura?
Podedes ler o artigo completo neste enlace.
Xuntos faremos forza
Para poder facernos escoitar necesitamos ser unha soa voz formada por todas as vosas voces. Estás de acordo coa nosa iniciativa? Queres facela túa? Todos os afeccionados, peñas, asociacións, agrupacións, organizacións, etc. que o desexen poderán adherirse e figurarán nunha lista que publicaremos nesta web.
Envía un correo a:

aportando os seguintes datos:
- Afeccionados:
Nome, apelidos e correo de contacto
- Peñas, asociacións, etc.:
Nome oficial, persoa que a representa legalmente (non se publicará na web) e correo de contacto
(Os enderezos de correo electrónico non serán publicados)
Comezamos a mover esta iniciativa no partido de onte: Celta-Castellón. Falamos coa xente, buscáronse apoios, repartíronse octavillas co texto de “Balaídos século XXI” que podedes ler neste blog, e chegado o minuto 12 do partido despregáronse pancartas en diferentes grada como Marcador:
na grada de Fondo:
tamén en Tribuna:
e por suposto, en Río Alto:
Tentouse que ás 9.000 gorxas celestes que estaban no estadio cantaran o noso lema : “Campo novo… Xa!” pero a cousa non era doada e non logramos este obxectivo. Non importa, o sábado foi o debut e quedan moitos partidos por diante para tratar de acadar os puntos necesarios para o ascenso e para seguir coa nosa iniciativa. Xuntos faremos forza. Xuntos vámolo conquerir: “Campo novo… Xa!“
Ultimos comentarios