Somos afeccionados celtistas que a cotío acudimos a ver e a animar ó RC Celta. O noso marco de actuación non é outro que o municipal estadio de Balaídos: esa antiga e vetusta construción que domingo a domingo móstranos as súas carencias, non só de comodidade senón incluso de seguridade. Non hai máis que dar unha volta ó redor do estadio para ver o lamentable estado no que se atopan as instalacións. Cremos que a situación está a chegar a tal extremo que a seguridade dos espectadores está en entredito debido as precariedades que ofrecen as bancadas, accesos, servizos, etc.
Despois de moitos anos en que os sucesivos inquilinos do consistorio vigués obviasen o deterioro do coliseo celtista cremos que é hora de atacar con seriedade e rigor o asunto dun novo campo para Vigo.
Chegados a este punto esiximos que definitivamente se aborde a construción do noso campo, un campo que sexa orgullo dos celtistas e dos vigueses, un campo para o século XXI.
Ultimos comentarios