Mar 12

No contexto de que a cidade de Vigo xa é candidata para organizar a Universiada 2013, publica ”La Voz de Galicia” na súa web un artigo no que fala de cando Mallorca organizou a Universiada no ano 1999: […] A obra principal executada ó amparo da Universiada de Mallorca 1999 foi a construción do Estadio de Son Moix. As obras comenzaron en decembro de 1996; deseñado para as competicións de atletismo, foi sede das ceremonias de inaguración e clausura. Finalizados os xogos, o Real Mallorca tomou posesión do seu novo fogar. Ten un aforo de 27.000 persoas e unhas completas instalacións para atletismo.[…]
A nosa preocupación e que consideramos que a cidade de Vigo e o Celta precisan un novo campo de fútbol pensado e deseñado para este deporte coas bancadas moi próximas ó campo, donde o xogador rival note no cogote o alento da bancada. Son Moix aseméllase máis a un estadio olímpico que ó campo de fútbol que gostaríamos ter.
Mar 02
No último partido do Celta en Balaídos aproveitamos para seguir dando a coñecer a nosa iniciativa nas inmediación do estadio, como xa fixéramos nos últimos partidos. Esta vez concentrouse nas proximidades da porta de presidencia para continuar a nosa reivindicación por un campo digno para o celtismo. Durante a mesma escoitáronse diversos cánticos de protesta pola situación do estadio e fóronse unindo máis celtistas. Velaiquí tedes algunhas das instantáneas da protesta.




Feb 29
Publicado no Faro de Vigo: O Concello de Vigo está disposto a permitir, aínda con condicions, que o Celta amplíe a súa actual concesión en Balaídos durante vinte anos -o actual contrato finaliza en 2014- para que afronte con maior garantía o plan de viabilidade. A renovación serviríalle como un activo á hora de avalar a refinanciación da súa débeda. Trala reunión mantida fai uns días entre Abel Caballero, alcalde da cidade, e Carlos Mouriño, presidente céltico, na que a entidade expúxolle ó rexidor os seus plans económicos de futuro, o concello “recolleu a luva”, pero con condicions. O Concello encargará antes un informe xurídico para decidir sobre as condicións do novo contrato. O obxectivo é actuar con cautela para que o patrimonio de Balaídos non corra perigo. A pretensión do goberno local pasa por vincular a ampliación do contrato a que o consello de administración garantice a identidade viguesa do club e manteña o nome do equipo e do campo. “Non lles vamos a regalar un estadio novo -en alusión á posible reforma-, para que ó mellor no futuro veña outro propietario que se faga dono do club e da concesión e poña en perigo a súas señas viguesas“, indicaron coñecedores da operación. Podedes ler a noticia completa na web do Faro de Vigo
Feb 22
Estamos a tratar de recoller todas as fotos do estadio de Balaídos que poidamos, para que todo o que estamos a falar o poidas ver no teu monitor.
Podes ver a nosa galería de imaxes en http://fotos.camponovoxa.com
Aparte de colaborar con nós mandando un correo coa tua adhesión, agora tamén podes mandar algunha foto que fagas no estadio e que podamos incluir na nosa galería de imaxes.
Feb 05
Hoxe nas páxinas do diaro “La Voz de Galicia” podemos ler un artigo sobre a “Universiada 2013” no que fan unha total vinculación entre este evento e o noso tema do “Campo Novo… Xa!”. Os parágrafos concretos son os seguintes:
[…] “Vigo xógase nun exame de dous días a candidatura á Universiada. A cidade aposta por reformar Balaídos e As Travesas, construir un gran pavillón e usar a piscina de Pontevedra […]”.
[…] “O programa inclúe, ademáis das recepcions oficiais, visitas a distintas instalacions e dotacións que serían escenario da competición. Entre elas figura o Campus Universitario, onde proponse a construción dunha vila olímpica para 11.000 deportistas, una das grandes bazas da candidatura viguesa. Ademáis, os examinadores pasarán polo Ifevi, o Real Club Náutico e o pavillón das Travesas, que terá que sufrir unha profunda reforma, ó igual que o estadio e as pistas de atletismo de Balaídos. […]”
¿Traer a “Universiada 2013″ para Vigo garantiza que imos ter o novo campo de fútbol para o Celta, que levamos tantos anos agardando, para o 2013? ¿Que pasará si non sae a candidatura?
Podedes ler o artigo completo neste enlace.
Feb 04
Xuntos faremos forza
Para poder facernos escoitar necesitamos ser unha soa voz formada por todas as vosas voces. Estás de acordo coa nosa iniciativa? Queres facela túa? Todos os afeccionados, peñas, asociacións, agrupacións, organizacións, etc. que o desexen poderán adherirse e figurarán nunha lista que publicaremos nesta web.
Envía un correo a:

aportando os seguintes datos:
- Afeccionados:
Nome, apelidos e correo de contacto
- Peñas, asociacións, etc.:
Nome oficial, persoa que a representa legalmente (non se publicará na web) e correo de contacto
(Os enderezos de correo electrónico non serán publicados)
Continuar lendo esta nova >>
Feb 03
Comezamos a mover esta iniciativa no partido de onte: Celta-Castellón. Falamos coa xente, buscáronse apoios, repartíronse octavillas co texto de “Balaídos século XXI” que podedes ler neste blog, e chegado o minuto 12 do partido despregáronse pancartas en diferentes grada como Marcador:

na grada de Fondo:

tamén en Tribuna:

e por suposto, en Río Alto:

Tentouse que ás 9.000 gorxas celestes que estaban no estadio cantaran o noso lema : “Campo novo… Xa!” pero a cousa non era doada e non logramos este obxectivo. Non importa, o sábado foi o debut e quedan moitos partidos por diante para tratar de acadar os puntos necesarios para o ascenso e para seguir coa nosa iniciativa. Xuntos faremos forza. Xuntos vámolo conquerir: “Campo novo… Xa!“
Xan 31
Somos afeccionados celtistas que a cotío acudimos a ver e a animar ó RC Celta. O noso marco de actuación non é outro que o municipal estadio de Balaídos: esa antiga e vetusta construción que domingo a domingo móstranos as súas carencias, non só de comodidade senón incluso de seguridade. Non hai máis que dar unha volta ó redor do estadio para ver o lamentable estado no que se atopan as instalacións. Cremos que a situación está a chegar a tal extremo que a seguridade dos espectadores está en entredito debido as precariedades que ofrecen as bancadas, accesos, servizos, etc.
Despois de moitos anos en que os sucesivos inquilinos do consistorio vigués obviasen o deterioro do coliseo celtista cremos que é hora de atacar con seriedade e rigor o asunto dun novo campo para Vigo.
Chegados a este punto esiximos que definitivamente se aborde a construción do noso campo, un campo que sexa orgullo dos celtistas e dos vigueses, un campo para o século XXI.
Xan 31
En todos os partidos que xogue o Celta en Balaídos, lembraremos todos xuntos no minuto 12 de cada tempo que o Celta e a nosa cidade, da misma forma que o resto de equipos e cidades similares á nosa, deberían ter un campo novo… xa!.

Ultimos comentarios